O 061 atendeu a 71 persoas por 50 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana

Houbo un morto nestes sinistros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2021 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 71 persoas debido a 50 accidentes de tráfico rexistrados durante este pasado fin de semana en estradas da Comunidade galega, das que unha morreu.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas deste venres pasado e as 23,59 horas do domingo 10 de outubro 64 chamadas en relación con sinistros de circulación. O sábado foi o día no que se rexistraron máis accidentes, con 26.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 65. En concreto, as ambulancias realizaron 57 saídas; dous, o helicóptero medicalizado; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en seis accidentes.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións recibiron atención no lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 63 por cento e a de mulleres reduciuse a un 37%. En canto ás idades dos feridos, o 31% dos asistidos tiña entre os 30 e 44 anos.

Por provincias, a da Coruña rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana, con 22; seguidas da de Pontevedra, con 15; e Ourense, con nove; e Lugo, con catro.

Ambulancia do 061 / 061-GALICIA - Arquivo. / Europa Press
Ambulancia do 061 / 061-GALICIA - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta