González Formoso:"Está ben predicar o socialismo, pero sobre todo hai que practicalo"

O candidato a liderar o PSdeG destacou a "batalla" levada a cabo en primeira liña polos municipios para "facer fronte ás terribles consecuencias da covid-19" e puxo valor a xestión dos concellos e deputacións socialistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2021 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O candidato a liderar o PSdeG e secretario xeral do PSOE coruñés, Valentín González Formoso, reivindicou un socialismo "comprometido" cos intereses de Galicia que "mellora a vida de persoas". No marco dun encontro mantido este martes coa militancia de Ortigueira, González Formoso sinalou que "os feitos son máis elocuentes que as palabras", polo que apostou por "un socialismo útil".

"Está ben predicar o socialismo, pero sobre todo hai que practicalo. Nós facémolo cada día, aplicando políticas que melloran a vida das persoas desde as administracións que están máis preto da cidadanía", aseverou o candidato ao proceso de primarias.

Neste sentido, destacou a "batalla" levada a cabo en primeira liña polos municipios para "facer fronte ás terribles consecuencias da covid-19" e puxo valor a xestión dos concellos e deputacións socialistas.

A este respecto, Formoso lembrou que a Deputación da Coruña, que el mesmo preside, "incrementou un 137% o gasto social para non deixar a ninguén atrás na saída da crise" e "destinou 25 millóns de euros a axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia". Do mesmo xeito, resaltou "a recuperación para o público" dos servizos de emerxencias, como o Consorcio Provincial de Bombeiros.

"Estar á beira da xente é a nosa forma de ser, a nosa forma de gobernar", subliñou o candidato á Secretaría Xeral da formación socialista. Así, asegurou que Galicia precisa dun PSdeG "con criterio nos asuntos de país" que se sitúe "preto das persoas e a realidade social" e que, ademais de "sinalar os problemas", propoña "solucións".

"O PSOE non é un instrumento en si mesmo, senón un instrumento que mellora a vida da xente", afirmou Formoso, que apostou por un PSdeG "útil para a sociedade e comprometido cos intereses de Galicia".

O actual secretario provincial do PSOE da Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación da súa candidatura ás primarias do PSdeG. Mero Barral - Europa Press
O actual secretario provincial do PSOE da Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación da súa candidatura ás primarias do PSdeG. Mero Barral - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta