EU elixe a un catedrático e a unha investigadora para as listas de IU

Xosé Luis Outes, obtivo o 34,70% dos votos dos militantes e Saínza Ruíz, o 18% dos militantes desta formación en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/02/2014 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Esquerda Unida xa ten o seus candidatos para presentar á federal de IU e configurar, así, a lista que esta formación estatal presentará ás eleccións europeas. Trátase de Xosé Luis Outes, catedrático de Teoría Económica na Universidade de Vigo e Saínza Ruíz, fisioterapeuta e investigadora de posgrao.

Xosé Luís Outes, candidato de EU ás europeas
Xosé Luís Outes, candidato de EU ás europeas

A elección destes dous candidatos celebrouse en asembleas deliberativas xunto con outro referendos para o debate e aprobación do programa marco das eleccións europeas. Segundo suliña EU nun comunicado, as asembleas convocadas en todas as comarcas, "tiveron un amplo debate e participación".

"Dende Esquerda Unida, temos a vontade de elaborar de xeito colectivo e horizontal o programa co que nos queremos presentar ás europeas. Ante o convencemento de que a alternativa da esquerda transformadora é posible e que sen participación non hai democracia, estamos certos de que a elaboración programática debe ser unha achega da cidadanía e dos movementos e colectivos sociais comprometidos polo cambio social", apunta este partido.

Neste proceso participou o 63% da militancia de Esquerda Unida que elixiu a dúas persoas das 13 presentadas a dito proceso. Destas 13 persoas, 7 foron homes e 6 mulleres. Máis da metade dos candidatos eran mozos e mozas menores de 30 anos. Con todo, o máis votado foi Xosé Luís Outes, co 34,70% dos votos. Saínza Ruíz obtivo o 18% dos apoios.

Traxectorias

Xosé Luís Outes (Vigo 1943, xublilado), catedrático de Teoría económica da universidade de Vigo, un dos referentes fundamentais dos estudos económicos en Galicia sobre Banca Pública e Dinámica económica. Foi un dos economistas de Esquerda Unida activos nos anos 90 contra o acordo de Maastrich e as políticas económicas do BCE.

Saínza Ruíz (Ferrol 1990) moza de Ferrol, diplomada en Fisioterapia pola universidade da Coruña onde realiza o posgrao de especialización. É a coordinadora da área de sanidade local de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 pam

Ohhh, nom tenhem outra carmen de mairena??? Menos mal que estades vos para fazer-lhes de palmeiros... pais!

4 ANTIAJETES

"El espíritu de la alegría" de los creadores de "Carmen La Roja"

3 xosé luís manoel

vaia un candidato, que ata o seu partido trabuca o nome ao anuncialo #epicfail

2 Dime con quén andas

Jajaja grandes candidatos os de Izquierda Hundida de las "Expañas" totalmente comprometidos ca sociedade galega e a sua cultura, ademáis de incansables loitadores polos nosos dereitos. A veciña e fisioterapeuta da Yoli, e o progre "xubiletas" José Luis Outes, así se fai chamar cando non estamos en épocas electorais, e así en español, ten toda a sua web e maioria de escritos. De amor tamén se morre, Pétain Beiras, e o teu "amor" ególatra a Galiza está a meter un cancro irreversible.

1 Arquiveiro

Fale no idieoma que fale él chagou a catedrático de algo... e ti?

2 elitetotal

menos mal que é catedrático.....non vaia a ser que nos represente un obrerucho sen formación.....que ordinariez

3 Arquiveiro

Sexa catedrático ou obreiro, tanto ten; pero mentres ese 'progre xuiletas' quere representar a Galicia ti estas moi cómodo na tua casa en pixama dándolle ao PC. Cada quen escolle que peza do taboleiro quere ser...

4 eliteprogre

o que quere e ser elite -progre mais elite ao fin, e se quixera representar a galiza digo eu que sempre empregaria o galego en todas as facetas da sua vida, non so en campaña....españois que se disfarzan de galegos sobran en todos os parlamentos

5 Te_digo_que_eresPPro

E logo ti escribes en galego, dimeconquienandaseliteprogre?

1 anova pural

Deberon ser un lote os que votaron, xa se viu nas fotos do caralibro