Acusado de agredir sexualmente e ferir cun coitelo á súa parella alega que se lesionou de forma accidental

Fiscalía pide para o acusado unha pena de 15 anos de prisión e a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 400 metros durante seis anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Un home acusado de agredir sexualmente á súa parella e de ferir á mesma cun coitelo negou os feitos e alegou que a vítima se lesionou de forma accidental despois de inxerir alcol, durante o xuízo celebrado este mércores na Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron na medianoite do 31 de outubro de 2020 no domicilio do acusado. Tras unha discusión entre o home e a vítima, esta marchouse do domicilio.

Na rúa, o procesado, "guiado do ánimo de atemorizala e de menoscabar a súa integridade física", agarrouna á altura do ombreiro e empuxouna, tirándoa ao chan. A continuación colocouse encima dela, tapoulle a boca e díxolle "vouche matar, es miña ou mátote", deslizando un obxecto cortante sobre o seu pescozo. Ademais, "con ánimo libidinoso", baixoulle o pantalón á vítima e introduciu varios dedos na súa vaxina.

Na súa declaración, o home negou abusar sexualmente da súa parella. Sobre o incidente, detallou que "beberan alcol" esa noite, e que a vítima "tiña un problema coa bebida".
Segundo declarou o procesado, empezaron a discutir e a muller foise de casa mentres o insultaba. O acusado explicou que foi tras a vítima para que volvese a casa xa que chovía, momento no que a muller "se escorregou e caeuse".

CELOS

Pola súa banda, a vítima explicou que a discusión se produciu por un "asunto de celos". A muller explicou que isto xa causara algunha discusión na parella "sen chegar a este extremo". Tamén sinalou que o home "estaba bebido" e que ela só tomou "un par de cervexas".

Segundo relatou, ao saír de casa o acusado agarrouna e tirouna ao chan. A muller notou algo no pescozo, pero non foi ata tempo despois que se deu conta da ferida.

A vítima afirmou que a agrediu sexualmente e, segundo expuxo, tapoulle " a boca" e dixo que lle "ía a matar". A muller fuxiu do lugar e estivo a pedir axuda sen éxito, ata que finalmente puido atopar unha ambulancia.

Por todo iso, a Fiscalía pide para o acusado unha pena de 15 anos de prisión e a prohibición de aproximarse á vítima a 400 metros polo tempo superior en seis anos ao da pena de prisión imposta. Ademais deberá indemnizar á vítima con 8.000 euros por danos morais e 450 euros polas lesións causadas.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta