Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 19:37
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense rexeitou o recurso presentado por extraballador municipal contra o seu cesamento como auxiliar político do grupo municipal de Democracia Ouresana.
Diso informou o executivo municipal que encabeza o rexedor ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, que ordenou o cesamento deste exempregado o 10 de setembro de 2020, días despois da crise de goberno que supuxo a ruptura do grupo de Democracia Ourensana.
Nun comunicado, o concello sinala que o xuíz recoñece no seu fallo que o cesamento deste asesor foi ditado pola mesma autoridade que o designou, polo que desestima que existise unha "falta de motivación" no seu despedimento.
"No presente caso, non se require para acordar o cesamento máis nada que decisión da autoridade que o designou", determina o xuíz nun fallo difundido polo goberno ourensán.
"Se se considera que o acto de cesamento é acorde á normativa que o regula, non só pode falarse de falta de motivación senón tampouco de fraude de lei ou desviación de poder", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.