Temas: ORZAMENTOS XUNTA

Incremento do 45% da contía adicional do Fondo de Cooperación Local nos orzamentos galegos de 2022

A cantidade total asignada ao Fondo de Cooperación Local, entre a base e o adicional, ascende a case 126 millóns de euros, o que supón un 3,3 por cento máis.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A Xunta trasladou á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que as contas autonómicas para 2022 incluirán un incremento de máis do 45% do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL), que terá unha dotación de preto de 12,9 millóns de euros.

Así o trasladou o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, ao presidente da Fegamp, Alberto Varela, nun encontro no marco da subcomisión de réxime económico e financeiro da Comisión de Cooperación Local Deste xeito, esta dotación adicional incluída no citado fondo incrementará a contía en catro millóns de euros nos próximos orzamentos.

A cantidade total asignada ao Fondo de Cooperación Local, entre a base e o adicional, ascende a case 126 millóns de euros, o que supón un 3,3 por cento máis. A Xunta tamén indicou que en 2022 liquidarase o rendemento efectivo do FCL de 2020, cun importe estimado de liquidación de 9,7 millóns de euros (4,6 millóns máis que o pasado ano). Entre trasferencias correntes e de capital, os municipios galegos recibirán en 2022 uns 352,8 millóns de euros, un 25,6 por cento máis que en 2021.

Reunión entre a Xunta e a Fegamp. XUNTA
Reunión entre a Xunta e a Fegamp. XUNTA | Fonte: Europa Press

Temas: ORZAMENTOS XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta