Uber marcha de Galicia e obriga a todos os seus traballadores a ir a Madrid como mileuristas

A decisión foi comunicada pola empresa hai uns días que alega que a norma imposta pola Xunta de 15 minutos de antelación imposibilita realizar o seu traballo en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A decisión é xa irrevocable. Uber abandona Galicia e obriga a preto de 25 traballadores a desprazarse a Madrid. Iso, ou pedir unha extinción voluntaria do contrato. Non hai volta atrás. A excusa do xigante americano dos vehículos de aluguer con condutor (VTC) é que, tras a norma da Xunta de pedir cun mínimo de quince minutos o vechículo, o servizo non é competitivo.

Sevizo de VTC
Sevizo de VTC | Fonte: Uber

Galicia, que ao peche de 2019 sumaba 336 licenzas de VTC, é unha das zonas nas que operan tanto Uber como Cabify, ambas as na cidade da Coruña, que acapara a metade destas autorizacións, cun total de 190. Iso, antes da pandemia da Covid. Tras a pandemia todo mudou. De feito, os conductores de Uber levan en ERTE desde o 14 de marzo de 2020, xusto tras decretarse o estado de alarma sanitaria.

Un mes antes, pechabase en Galicia un acordo alcanzado entre o sector do taxi e as VTC, para “convivir en harmonía". Un acordo que estipulaba que os coches de alugueiro deberían recibir a chamada dos clientes con 15 minutos de antelación. Unha norma que nin Uber nin Cabify din ter pactado. 

RECURSO EN EUSKADI

De feito, Galicia non é a única autonomía que regulou os tempos de antelación á hora de pedir un destes vehículos. Tamén o fixeron Cataluña, a Comunidade Valenciana, Baleares, Aragón e País Vasco. Pero en Euskadi a norma foi recurrida e o alto tribunal vasco deulle a razón ás empresas de VTC.

Por iso, os traballadores galegos de Uber pídenlle á empresa que faga o mesmo; que impugnen. “Dixeron que xa o fixeron, pero a nós non nos consta”, indican conductores consultados que ven como a única saída que lles dá a empresa é recolocalos en Madrid cunhas condicións que cren serán “pésimas”. “Xa temos a experiencia dos de Córdoba e, se é así, non lle interesa a ninguén”, din.

VIVIR EN MADRID COMO MILEURISTAS

Aos compañeiros cordobeses Uber ofreceulles 500 euros por traslado e seguir cobrando o mesmo que na cidade andaluza, pero en Madrid. “Como imos vivir nós con 1.060 euros netos todos os meses cun contrato de 12 mesese pagas xa prorrateadas?”, pregúntase un traballador galego.  Por iso, e á espera das condicións, hai moito nerviosismo entre os conductores galegos que, a pesar de traballar para Uber, están contratados pola empresa Movecars, pertencente tamén, ao xigante americano dos VTC.

Que imos facer?. Moitos de nós temos xa máis de 50 anos. Como nos imos recolocar agora ou ir a Madrid a cobrar o mesmo que na Coruña co prezo da vida o dobre de caro?”, indica. Polo momento, a empresa garda silencio e convocounos a unha xuntanza a vindeira semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta