O BNG mantense no 0,5% de intención de voto no último barómetro do CIS

O PSOE continúa na cabeza pero o PP acurta distancias e sobe en estimación de voto ao 22,1%.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 15/10/2021 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantense no 0,5% de intención de voto no último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de outubro e no que volve situar ao PSOE á cabeza, cunha estimación de voto do 28,5%, pero o PP logra acurtar distancias, ao anotarse un 22,1%.

O traballo de campo desta enquisa realizouse coincidindo coa celebración da Convención Nacional do PP, o anuncio do acordo no seo do Goberno de coalición sobre os Orzamentos e a futura Lei de Vivenda que regulará o prezo dos alugueres e a breve detención do expresidente catalán Carles Puigdemont en Italia.

En concreto, o estudo, publicado este venres, calcula para o PSOE un apoio do 28,5%, un punto menos que en setembro, mentres que o PP sumaría un respaldo do 22,1%, incrementando 1,6 puntos porcentuais respecto ao barómetro anterior.

Vox seguiría como terceira forza do Congreso cun 13,2% de estimación de voto, e Unidas Podemos anotaríase un 11,8%, segundo o organismo que preside José Félix Tezanos.

A portavoz do BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón, durante o debate do Estado da Autonomía de Galicia, no Parlamento galego, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). O Parlamento de Galicia alberga e. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A portavoz do BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón, durante o debate do Estado da Autonomía de Galicia, no Parlamento galego, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). O Parlamento de Galicia alberga e. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta