A Coruña agarda 2.500 participantes na Carreira da Muller

O evento volve tras un ano e medio de parón pola Covid-19.

Por E.P. | A Coruña | 15/10/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A Carreira da Muller volve ás rúas da Coruña este domingo, con 2.500 participantes e tras un ano e medio de parón pola Covid-19. Farao tras esgotar todas as prazas dispoñibles, que este ano se reduciron por mor da pandemia.

Presentación da Carreira da Muller
Presentación da Carreira da Muller | Fonte: Andy Pérez - Concello da Coruña.

Así o explicou o director da cita, Rodrigo Gavela, durante a presentación desta nova edición na que estivo acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Gavela sinalou que, para evitar aglomeracións, este ano haberá cinco saídas con 500 partipantes cada unha. Pola mesma causa, a saída e a meta terán 500 metros de separación. A recollida do dorsal realizarase este sábado,en Palexco, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

Pola súa banda, Inés Rey destacou o lema da carreira, 'Por todas nós', do que dixo que é unha mostra da "capacidade de resiliencia" que as mulleres mostraron durante a pandemia. A alcaldesa trasladou que o éxito de afluencia demostra "as ganas" de recuperar o deporte nas rúas.

E aínda que o obxectivo principal da carreira é a loita contra o cancro de mama, a rexedora apuntou que tamén o fai para loitar "pola igualdade, a visibilidade da muller, o deporte feminino e a incorporación da muller a todos os ámbitos da vida". Ademais, sostivo que é "moi simbólico" que se enchan as rúas con esa marea rosa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta