Os tres traballadores de Vestas chegaron a Dinamarca e xa entregaron a carta á dirección da empresa

Alejandro Paleo, Guillermo e Breixo chegaron a Dinamarca, á cidade de Aarhus para entregar unha carta á dirección de Vestas. Alí recibíronos dous dos responsables da dirección e falaron con eles. Os directivos apreciaron o xesto dos traballadores e falaron durante unha hora aproximadamente. Agora os tres están de volta a Viveiro.

Por Galicia Confidencial | Viveiro | 15/10/2021 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia