A Xunta conclúe que o marisco usado en 'MasterChef' non era era galego e censura o engano

Conclúe que non se lle pode aplicar a norma autonómica, xa que o programa de TVE fixo unha "performance" na que non se empregaron lumbrigantes extraídos de augas galegas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/10/2021 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A investigación da Xunta sobre a procedencia de lumbrigante con ovas empregados nun programa de 'MasterChef' na Coruña conclúe que o marisco era "foráneo", non extraído en augas de Galicia. Por tanto, non procede aplicar a normativa autonómica de produtos pesqueiros.

Arquivo - O FesTVal 2021 distingue co premio Joan Ramón Mainat ao programa 'Masterchef' de TVE. FESTVAL - Arquivo
Arquivo - O FesTVal 2021 distingue co premio Joan Ramón Mainat ao programa 'Masterchef' de TVE. FESTVAL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo explican fontes da Consellería do Mar, constátase que non se produciu "ningún tipo de irregularidade" no proceso de comercialización destes exemplares ao non tratarse de produto local.

Con todo, a Xunta condena a "mala praxe" e lamenta que o programa televisivo "ficcionase a proba na que se empregaron os lumbrigantes dando a entender que eran galegos cando realmente non o eran".

Igualmente, apela á responsabilidade e rigorosidade de todos os axentes sociais, incluídos medios de comunicación, para velar pola calidade e máximas garantías dos produtos do mar galegos de face á súa "boa imaxe nacional e internacional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta