Unha investigación galega, pioneira no mundo, relaciona cambios na materia branca do cerebro co avance do alzhéimer

Trátase dun traballo do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago e do Instituto de Investigación Sanitaria compostelán.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/10/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Unha investigación do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago (CiMUS) e do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) logrou relacionar cambios na materia branca no cerebro co avance do 'alzhéimer'.

Home con alzhéimer
Home con alzhéimer | Fonte: Pixabay.

Este estudo, o primeiro destas características que se realiza a nivel mundial, serviu para analizar a proteína amiloide desta substancia cerebral, converténdoa nun novo biomarcador asociado co avance clínico desta enfermidade.

Ata agora, todas as investigacións centrábanse en medir os depósitos desta proteína na materia gris, polo que este traballo "abre a porta a un novo biomarcador de seguimento" e mesmo "a cambiar o enfoque das actuais terapias".

O traballo desenvolveuse en colaboración con médicos do Servizo de Neuroloxía e Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), e foi publicado no 'European Journal of Nuclear Medicine and Molecular Imaging'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta