Localizan á moza de 17 anos desaparecida este mércores en Pontevedra

Así o veñen de apuntar dende SOS Desaparecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2021 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A moza que se atopaba en paradoiro descoñecido desde este mércores en Pontevedra xa foi localizada, segundo informan desde a plataforma Sos Desaparecidos. En concreto, familiares da menor solicitan a colaboración cidadá para tentar localizala. Segundo a información dada a coñecer, trátase dunha moza duns 17 anos, Soraya Riveiro Otero, que falta desde este mércores. A menor mide 1,65 metros de estatura, presenta complexión "grosa", pelo castaño e ondulado e ollos verdes.

A nova é filla dunha persoa vinculada ao Coruxo FC, segundo trasladou o propio club a través das súas redes sociais, nas que piden que "toda persoa que poida achegar algún dato por favor avisen á Policía".

Menor desaparecida en Pontevedra. SOS DESAPARECIDOS
Menor desaparecida en Pontevedra. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta