Piden cárcere para a muller que falsificou un informe médico do fillo coa fin de evitar as visitas do pai

Xulgarase o 22 de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2021 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide un ano e seis meses de prisión para unha muller acusada de falsificar un informe médico do seu fillo para evitar que o pai cumprise o réxime de visitas. O caso procede do Xulgado de Instrución nº3 de Lugo e xulgarase o 22 de outubro.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Público, o documento supostamente falsificado, "co obxectivo de enganar ao xuíz", é un informe de alta relativo ao fillo menor de idade, emitido polo servizo de urxencias pediátricas do HULA o día 24 de xuño de 2018.

Así, a muller alteraría o informe para aparentar que o seu fillo necesitaba un tratamento diferente ao real. En concreto, fixo constar "evitar contacto con adultos ata a resolución do cadro. Permanencia en domicilio", "coa intención de evitar, enganando ao xuíz e en prexuízo do pai do menor, cumprir o réxime de visitas establecido".

É por este motivo que o Ministerio Fiscal considera os feitos constitutivos dun delito de falsidade en documento privado, polo que piden para a muller un ano e seis meses de prisión e inhabilitación especial do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, así como o abono das costas procesuais.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta