A Xunta presume dunha lei "pioneira" para fixar poboación á vez que permite o peche de oficinas no rural

A conselleira de Política Social presentou a Lei de Impuslo Demográfico nun cumio da Fundación Galicia Europa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, representou a Galicia na Semana Europea das Rexións e Cidades mediante un vídeo emitido durante o evento que este ano, igual que en 2020, foi totalmente virtual por mor da covid-19. Nel presentou, entre outras medidas, a Lei de Impulso Demográfico.

Durante a sesión 'A experiencia das rexións europeas na xestión do cambio demográfico. Ou exemplo de Galicia', organizada pola Fundación Galicia Europa, a conselleira presentou o conxunto de medidas que compoñen á estratexia galega para loitar contra o despoboamento. Entre elas, tal e como informou o departamento autonómico nun comunicado, a Tarxeta Benvida, ou a nova Lei de Impulso Demográfico aprobada no principio do ano en sede parlamentaria.

Como explicou García ante máis de 70 asistentes de diversas rexións europeas, a lei, "pioneira en España", aborda a cuestión demográfica "desde unha perspectiva transversal á elaboración das políticas autonómicas de Galicia", apoiando a vertebración territorial e fomentando o retorno dos galegos no exterior e o envellecemento activo.

"Para que a sociedade europea consiga reverter a tendencia demográfica, necesítase a implicación de todo o tecido social", recalcou a conselleira, á vez que destacaba a importancia de que a cuestión demográfica estivese situada "no máis alto da axenda de prioridades nacional e europea".

A este respecto, a titular de Política Social asegurou que Galicia leva anos traballando, "o que xa se traduciu en fitos" como a creación dun foro de comunidades autónomas con preocupacións similares, a creación dun Alto Comisionado a nivel nacional para abordar o despoboamento e a aprobación, en 2016 e co apoio galego, do ditame 'Herrera Campo' por parte do Comité Europeo das Rexións.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto á conselleira de Política Social, Fabiola García, nun acto na Cidade da Cultura. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto á conselleira de Política Social, Fabiola García, nun acto na Cidade da Cultura. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cunha pirámide poboacional envellecida e cun índice de fertilidade de 1,2 fillos por muller Galicia debe buscar solución fóra da propia comunidade para remontar a situación de cara a un futuro incerto principalmente nas provincias de Lugo e Ourense, na Costa da Morte e nas áreas máis interiores de Pontevedra e A Coruña. Nótese que a longo prazo a merirande parte da poboación inmigrante soe retornar ao país de orixe agás as segundas xeracións plenamente educadas e criadas en Galicia. Así que unha actuación decidida podería resultar máis que beneficiosa, urxente, para a recuperación demográfica, económica e social de Galicia. O Proxecto de Recuperación de Galicia 2020-2030 facilitaría o retorno de poboación emigrada nos últimos anos da crise económica, fixando pobaoción no rural galego, e desenvolvendo sinerxias coa nova poboación inmigrante. https://i.gal/gam25 // Pero eles seguen á súa bola !!!