Inés Rey celebra que A Coruña "volva ter voz" no Comité Federal do PSOE

A alcaldesa pasa a formar parte dese órgano.

Por E.P. | A Coruña | 18/10/2021 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, que entrou no Comité Federal do PSOE, mostrou a súa satisfacción xa que A Coruña "volve ter voz" no devandito comité, algo que segundo lembrou, non se producía desde "había máis dunha década".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Rey mostrouse emocionada e satisfeita a nivel persoal, pero destacou especialmente que esta noticia era sobre todo "boa para a cidade" e unha forma de "referendar" o traballo que realiza o goberno local.

Eludiu referirse á pouca presenza galega no Comité Federal e destacou "a unión de partido e de proxecto compartido de futuro" que se produciu no Congreso Federal do PSOE celebrado esta fin de semana en Valencia.

A alcaldesa herculina sinalou que durante o congreso marcáronse "as liñas de futuro" do partido nos próximos anos, e que tamén se recoñeceu a historia do Partido Socialista, que, en palabras da rexedora herculina, "transformou España e a vida dos españois".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta