O persoal dos PAC da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés protesta ante a saturación pola falta de persoal

Os sindicatos denuncian que a Xerencia adopta medidas que "rozan a ameaza" con avisos de obrigatoriedade con menos de 24 horas de antelación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Un grupo de profesionais dos nove Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés concentrouse este luns nas escaleiras do Hospital Provincial en protesta pola falta de persoal nestes centros de Atención Primaria.

Segundo explicaron, demandan unha negociación colectiva cos máximos responsables da xerencia da área sanitaria, que dirixe José Ramón Gómez, para abordar solucións en conxunto con quendas equitativas e que cumpran co acordo asinado.

Os representantes sindicais relataron a situación vivida na PAC durante este fin de semana. No caso da PAC da Parda o sábado vivíronse esperas de ata catro horas nas consultas. Segundo informaron desde o propio centro pontevedrés ao medio centenar de pacientes sen atender que se chegou a acumular, só estaba a traballar un facultativo, en lugar dos tres que deberían. O domingo mellorou a situación ao incorporarse un segundo médico.

Os sindicatos informaron de que a PAC do Grove tivo que derivar aos pacientes ao de Baltar (Sanxenxo) ante a falta de médico, e episodios similares reproducíronse nos centros de saúde de Caldas e Marín. Segundo relataron, este problema agrávase a medida que avanzan os meses.

Estes sindicatos responsabilizan da situación á Xerencia da área sanitaria que hai días recoñeceu nun informe de Recursos Humanos na actualidade hai 24 vacantes sen cubrir na Atención Primaria, o que provoca a saturación das axendas dos profesionais, lamentaron.

MEDIDAS QUE "ROZAN A AMEAZA"

Ademais, alertan de que por parte da Dirección da área evitouse á Comisión de Centro e modificaron calendarios sen negociación previa con case 3.000 horas voluntarias realizadas nas últimas semanas obrigando aos profesionais a situacións laborais "duras", indicaron.

Tamén denunciaron que a Xerencia da área sanitaria adopta medidas que "rozan a ameaza" con avisos de obrigatoriedade con menos de 24 horas de antelación, alertas de posibles expedientes ou análises por parte da Inspección de baixas de menos dunha semana a profesionais deste servizo.

Centro de saúde de Galicia con profesionais de Atención Primaria en folga. REMITIDA - Arquivo
Centro de saúde de Galicia con profesionais de Atención Primaria en folga. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta