Unha axuda para que os máis novos se poidan independizar rehabilitando vivendas

A administración autonómica destina 57 millóns de euros á recuperación de inmobles nos cascos vellos das cidades galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, adiantou que o proxecto de orzamentos da Xunta para o próximo ano 2022, que chegará este mércores ao Parlamento, recolle "un incremento do 53% para a rehabilitación de vivendas, pasando así de 37,5 millóns de euros a 57,4 millóns".

Estes fondos serán destinados sobre todo ás áreas dentro do plan 'Rexurbe', o que posibilita a compra de inmobles nestas zonas de varias poboacións galegas, para posteriormente acometer a súa rehabilitación e polas a disposición dos cidadáns.

Así o avanzou Ángeles Vázquez en declaracións en Ferrol, durante unha visita que realizou á rúa Magdalena, onde se sitúa unha das vivendas que foi adquirida coas axudas establecidas pola Xunta para a compra de moradas nos casos históricos. Así, apuntou que Ferrol foi a que recibiu máis axudas, ata doce, que no caso de menores de 35 anos poden chegar ata os 15.000 euros.

O CASO DE FERROL VELLO

No caso do barrio ferrolán de Ferrol Vello, Vázquez detallou que o seu departamento adquiriu 19 inmobles "que darán ata 38 vivendas públicas, que irán dirixidas sobre todo aos máis novos, para facilitar o seu asentamento". Así, detallou que este programa "depende tamén da colaboración do Concello de Ferrol". Neste sentido, manifestou que "a día de hoxe seguen sen ter ningunha licenza tras solicitalas no mes de xaneiro".

A pesar diso, engadiu, mostrouse segura de que "o próximo ano será o momento no que se dará ese impulso suficiente para que podamos rehabilitar eses 19 inmobles e seguir adquirindo máis edificios".

Neste sentido, defendeu que así nolos permitirán as dotacións orzamentarias, xa que dos 10 millóns euros, 2,5 xa veñen comprometidos para Ferrol". Vázquez detallou que o caso do programa 'Rexurbe' deste barrio "catro dos edificios xa están licitados, dous están en licitación e 12 están cos proxectos para poder rehabilitarse".

Rehabilitación da rúa Ferrería en Vigo
Rehabilitación da rúa Ferrería en Vigo | Fonte: COAG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta