Traballadores de medios de comunicación galegos recibirán formación en igualdade e violencia de xénero

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta asinan un convenio para tal fin.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/10/2021 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Os traballadores de medios de comunicación galegos realizarán formacións en materia de igualdade e prevención e tratamento informativo da violencia de xénero, en virtude dun convenio asinado este martes polo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Francisco X. González Sarria, e a conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta, María Jesús Lorenzana.

Protesta dos traballadores da CRTVG diante do Parlamento de Galicia
Protesta dos traballadores da CRTVG diante do Parlamento de Galicia | Fonte: Sindicato de Xornalistas Facebook.

Esta iniciativa constará de varias fases. Na primeira, un equipo de xornalistas formadoras integrado por profesionais de diferentes medios galegos será coordinado pola profesora titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Burgos, María Isabel Menéndez.

O obxectivo, segundo o CPXG, é "atallar tanto os defectos detectados no tratamento" da violencia machista como "as prácticas inadecuadas que perpetúan a normalización da desigualdade entre homes e mulleres".

E é que a perspectiva de xénero no xornalismo e o trato adecuado da violencia machista son cuestións nas que incide o Colexio de Xornalistas por mor da firma en 2004 da Declaración de Compostela. Ademais, esta formación encádrase tamén tanto na lei galega para a prevención da violencia de xénero como no pacto de estado nesta materia.

Entre os obxectivos que terá este plan formativo de xornalistas galegos, están o de incorporar conceptos básicos, analizar a percepción social sobre a violencia de xénero, reflexionar sobre os estereotipos que transmiten os medios e comprender os mecanismos de socialización que afectan a esta secuela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta