Descenden de 69 a 57 os casos de Covid-19 nos colexios, pero soben a seis as aulas pechadas

A área da Coruña segue sendo a máis afectada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/10/2021 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

Os centros educativos volveron a rexistrar un descenso dos casos activos de Covid-19 con respecto a hai unha semana --a Xunta actualiza os datos os mércores-- ao baixar a 57, que supoñen 12 menos que os 69 de hai sete días, mentres que as aulas pechadas pola incidencia deste coronavirus nos últimos sete días aumentan a seis --unha máis--.

Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022
Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Educación --que facilita de maneira semanal--, con máis casos de Covid en traballadores e alumnos de centros educativos mantense a área da Coruña, con 19, os mesmos que hai unha semana, e segue sen aulas pechadas.

Séguelle a área de Santiago e Barbanza que pasa de 13 a 11 casos activos, dous menos, mentres que segue cunha clase inoperativa pola incidencia da Covid-19.

A continuación sitúase a área de Vigo, con 10 infeccións activas, que supoñen dúas menos que hai unha semana; e segue cunha clase pechada por este coronavirus.

Pola súa banda, a área de Pontevedra e O Salnés aumenta a nove os casos activos, que supoñen sete máis que hai unha semana; e conta cunha clase pechada, cando a semana pasada non tiña.

A área de Ourense rexistra cinco casos activos, oito menos que hai unha semana, e dúas aulas pechadas, unha máis que hai sete días; mentres que a de Lugo reduce a dúas as infeccións, oito menos, e baixa de tres a unha clase pechada --dúas menos--.

Con menos casos sitúase a área de Ferrol, que rexistra un, mentres que a semana pasada non tiña ningún, e mantense sen clases pechadas pola Covid.

En canto ás escolas infantís de Galicia, por segunda semana non rexistran casos activos deste coronavirus, segundo os datos facilitados este mércores pola Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta