45 mulleres menores de 21 anos foron asasinadas por parellas ou exparellas desde 2003, dúas delas en Galicia

O 29% das asasinadas eran menores de idade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/10/2021 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Un total de 45 mulleres menores de 21 anos foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde 2003, delas dúas en Galicia, segundo un informe elaborado polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero e difundido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Fíxoo coincidindo coa participación da presidenta do Observatorio, Ángeles Carmona, nunhas xornadas en Granada nas que expresou a súa preocupación ante estes datos e apelou á colaboración dos profesionais da educación, unha peza que considerou clave na loita contra a violencia machista que afecta as vítimas máis novas e máis vulnerables.

Desde 2003, coa única excepción de 2015, todos os anos houbo que lamentar polo menos un asasinato machista no que a vítima contaba menos de 21 anos de idade. O peor foi 2004, no que foron nove as novas asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas.

As 45 mozas menores de 21 anos asasinadas representan o 4 por cento do total de vítimas mortais da violencia de xénero no ámbito da parella ou ex parella (1.113 mulleres) entre 2003 e outubro de 2021.

A media de idade das 45 vítimas era de 18,1 anos, case oito anos menos que a media de idade dos agresores, que se situou nos 25,9 anos. No entanto, o 29 por cento das asasinadas eran menores de idade. A máis nova delas, unha nena de 13 anos, foi asasinada o seu noivo, un home de 39 anos, que despois se suicidou.

Participantes na manifestación contra a violencia machista durante o Día Internacional de Violencia de xénero en Santiago
Participantes na manifestación contra a violencia machista durante o Día Internacional de Violencia de xénero en Santiago | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta