Elena Candia e Diego Calvo defenden os orzamentos galegos fronte aos "malos tratos" de Sánchez

"Mentres aínda esperamos resposta do Estado para a ligazón da Vía Ártabra coa AP-9, a Xunta non para e inviste outros 12 millóns para avanzar na obra" declarou Diego Calvo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Os presidentes do PP en Lugo, Elena Candia, e A Coruña, Diego Calvo, celebraron que o proxecto de orzamentos galegos para 2022 "cumpren" coas súas respectivas provincias. "Son os orzamentos do cumprimento coa provincia de Lugo. Volvemos ter o maior investimento de Galicia por habitante", destacou Candia.

Nun comunicado, subliñou que as contas da autonomía para 2022 son "moi positivas", xa que recollen "todos e cada un dos compromisos do Goberno galego cos lucenses.

Como exemplos, citou melloras nos hospitais comarcais, dotación de servizos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e infraestruturas, así como actuacións en saneamento en varios municipios. "Creo que hoxe é un día bo para Lugo", resolveu, fronte ás críticas dirixidas aos investimentos pendentes do Goberno central.

"COMPROMISO COA CORUÑA"

"Mentres aínda esperamos resposta do Estado para a ligazón de laVía Ártabra coa AP-9, a Xunta non para e inviste outros 12 millóns para avanzar na obra", destacou, pola súa banda, o popular Diego Calvo, quen salientou que os orzamentos galegos mostran "o seu compromiso coa Coruña" fronte aos "malos tratos" de Pedro Sáchez.

Entre outros investimentos, Calvo destacou os 4 millóns de euros que permitirán licitar as obras da estación intermodal da Coruña, e os 20 millóns reservados para "solucionar o problema da fachada marítima herculina".

Diego Calvo
Diego Calvo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta