Política Social pide aos grupos do Concello de Ourense reconsiderar a súa postura coa residencia de maiores

A secretaria xeral técnica da Consellería, María Francisca Gómez, respondeu a unha pregunta en comisión parlamentaria, na que sinalou que a preferencia da Xunta de Galicia é que o novo centro poida construírse en Ourense, na parcela que ocupaba a estación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social solicitou este mércores no Parlamento que os grupos políticos presentes no Concello de Ourense reconsideren a súa postura e aproben o cambio de PXOM necesario para a construción da residencia de maiores, prevista na parcela do barrio do Pino onde antes se emprazaba a estación de autobuses.

Todo iso despois de que o pleno municipal da cidade rexeitase este mes por terceira vez a construción deste xeriátrico que financiará a Fundación Amancio Ortega en Ourense, por non recibir os 14 apoios necesarios.

A secretaria xeral técnica da Consellería, María Francisca Gómez, respondeu a unha pregunta en comisión parlamentaria, na que sinalou que a preferencia da Xunta de Galicia é que o novo centro poida construírse en Ourense, na parcela que ocupaba a estación.

"Con este obxectivo levamos traballando desde xaneiro de 2020", insistiu para lembrar que esta nova infraestrutura, que financiará, construirá e equipará a Fundación Amancio Ortega, achegará máis servizos ás persoas de máis idade.

O centro suporá un investimento duns 12 millóns de euros e permitirá pór a disposición das familias de Ourense 120 prazas públicas. Ademais, a súa posta en funcionamento traerá a creación de 110 postos de traballo no ámbito dos coidados.

Xunta de Goberno do Concello de Ourense. CONCELLO DE OURENSE
Xunta de Goberno do Concello de Ourense. CONCELLO DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai que ser miserables negarlle 112 prazas aos vellos de Ourense ! E sen poñer un peso ! Xa poden dicir o que queiran que nós seguiremos pensando que o BNG ten un asunto moi feo en Ribadeo (chámase illa Pancha e non a financia Amancio Ortega!)