Galicia administra 840 primeiras doses da vacina contra a Covid-19 e suma 453 pesonas máis coa pauta completa

Administráronse máis dun milleiro de doses na xornada anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia coa administración de máis dun milleiro de doses, das que 840 foron primeiras e 453 persoas completaron pauta. Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do mércores, recollidos por Europa Press, hai 2.288.235 persoas con pauta completa en Galicia, tras concluír o proceso 453 persoas máis, o que sitúa nun 93,22 por cento a poboación diana inmunizada --maiores de 12 anos-- e ao 84,74% os cidadáns da Comunidade galega.

Ata a data administráronse, segundo os datos actualizados por Sanidade, 4.415.395 doses contra a Covid-19 no conxunto da Comunidade, 1.293 máis que a xornada anterior.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 18.469 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.605 dependentes non institucionalizados e 27.165 que están institucionalizados. Mentres, 2.080.577 vacináronse chamados pola súa idade (+196).

Por probabilidade de exposición, 72.674 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.172 do sociosanitario e 44.085 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Na Comunidade galega o proceso de vacinación contra este coronavirus continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, tras pechar os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos, así como coa posibilidade de acudir sen cita previa.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense, Galicia (España). Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense, Galicia (España). Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta