Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2021 | Actualizada ás 21:00
Galicia podería triplicar en poucos anos o total de mw eólicos da Comunidade. Atentando ás cifras do Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), en 2019 instaláronse 4.026 aeroxeradores e unha potencia de 3.900 mw. Actualmente, hai ao redor de 275 solicitudes de novos parques ente Xunta e Estado, unhas cifras que veñen de obrigar á Xunta a lanzar unha moratoria de ano e medio que, porén, vén cargada dunha significativa letra pequena xa tratada polo Galicia Confidencial.
O territorio galego queda así pendente dunha longa listaxe de proxectos que, de aprobarse --co que non contan as principais plataformas do sector-- cambiaría substantivamente a paisaxe de boa parte das zonas da Comunidade. Para comprobar en que medida afecta aos distintos espazos do país, a plataforma Monfero Di Non vén de lanzar unha web recolle os mapas dos principais proxectos eólicos de Galicia e o resto do Estado.
🛠️⭕️ MAPA P.E RULIÑA, BOURA, FONTE BARREIROS, BORRASCA
— monferodinon (@monferodinon) October 21, 2021
Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Abadín, Cospeito, A Pastoriza, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada. Lugo.https://t.co/rhIzSwVHUf#AldeasLibresDeMacroeólicos#Renovablessiperonoasi #RenovablesSíPeroNonAsí
A plataforma, unha das máis activas na confrontación contra estes proxectos, permite segregar a busca de eólicos no mapa por Concello, nome do proxecto e ata Comunidade Autónoma, xa que non todos están en Galicia. Deste xeito, pretenden sensibilizar á sociedade sobre a proximidade dalgúns destes proxectos con núcleos de poboación, unha circunstancia que a Xunta podería atallar coa nova moratoria logo das múltiples mobilizacións veciñais e ecoloxistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.