Galicia é a terceira CC.AA. con máis discriminación laboral ás persoas LGTBI+, segundo UGT

Un 91% dos galegos enquisados ocultaron a súa orientación sexual no traballo, segundo un estudo que veñen de publicar dende a Unión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O estudo realizado pola Unión Xeral de Traballadores (UGT) sobre a inserción laboral do colectivo LGTBI en España sitúa a Galicia como a terceira comunidade autónoma na que se notificaron máis situacións de discriminación laboral por motivos de orientación sexual, só tras Asturias e Murcia.

'As persoas LGTBI no emprego. Estudo sobre a discriminación laboral das persoas LGTBI', foi presentado este mércores na sede do sindicato en Santiago de Compostela polo responsable confederal UXT LGTBI, Toño Abad; e a secretaria de igualdade UGT Galicia, Trindade Campos Rodríguez.

O estudo, con datos de 2020 e cunha mostra de 3.400 persoas de toda España, céntrase na análise e diagnóstico das cláusulas na negociación colectiva contra a discriminación sexual na contorna laboral. Os datos son "moi preocupantes" recoñeceu Abad, que indicou que o 90% dos enquisados consideraron "inconveniente" ser lesbiana, gai ou trans en canto ao emprego e un 86% preferiu "ocultalo" da súa contorna laboral.

Tamén tres de cada catro entrevistados tiveron "medo" de expresar a súa identidade de xénero ou orientación sexual, mentres que catro de cada 10 traballadores LGTBI aseguran sufrir agresións, verbais ou físicas; algúns mesmo violencia sexual, onde as agresións roldan o 20%. "Esta é a primeira enquisa nesta materia a nivel estatal e pon de manifesto a situación de excepcionalidade e discriminación nos centros de traballo, unha situación que non se está abordando", sinalou o responsable confederal.

DATOS EN GALICIA

A Comunidade galega é unha das que peor parada sae do estudo, situándose a terceira no ranking en canto a situacións discriminatorias; unha lista que lideran a Comunidade Valenciana, Cataluña e Madrid. Concretamente, a investigación indica que o 96% dos galegos enquisados considerou "inconveniente" revelar a súa orientación sexual, mentres que un 91% ocultouna. Ademais, seis de cada dez traballadores recoñeceu sufrir algún tipo de agresión.

Mozos sosteñen a bandeira LGBTI nunha manifestación, en imaxe de arquivo. Jorge Gil - Europa Press
Mozos sosteñen a bandeira LGBTI nunha manifestación, en imaxe de arquivo. Jorge Gil - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta