Trinta e seis entidades sociais recibirán axudas do Concello da Coruña para o desenvolvemento de proxectos

Un total de 36 asociacións da cidade recibirán achegas municipais a través destas axudas.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña fixo pública a resolución provisional de axudas públicas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da cidade, das que se beneficiarán 36 asociacións.

En total, achegará 100.000 euros a entidades de diferentes ámbitos, segundo informa. A finalidade destas subvencións son a cooperación municipal en proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, accións que persigan un interese social.

Un total de 36 asociacións da cidade recibirán achegas municipais a través destas axudas. As entidades teñen de prazo ata o 3 de novembro para aceptar ou renunciar dita subvención.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta