O PP de Santiago defende unha compensación "xusta" pola capitalidade

Nesta mesma xornada, o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, queixouse de que "non suban", precisamente, as achegas autonómicas para a capitalidade e o consorcio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O PP de Santiago cualificou de "equilibrados e serios" os orzamentos da Xunta para Santiago, no marco do proxecto das súas contas para 2022, e elevou a máis de 60 millóns de euros o investimento previsto para a cidade; á vez que reivindicou que a compensación polos gastos da capitalidade debe ser "xusta".

Así o trasladaron os deputados populares Borja Verea, tamén presidente da xestora local; así como Paula Prado e Carmen Pomar, xunto co portavoz do Grupo Municipal, Alejandro Sánchez Brunete.

Ademais de valorar os investimentos, Verea afirmou que o PP compostelán "sempre vai defender unha compensación xusta e equilibrada" dos gastos da capitalidade e engadiu que, tras case 20 anos, "é un bo momento para actualizar os estudos técnico-financeiros e saber cal é esa cantidade xusta".

Nesta mesma xornada, o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, queixouse de que "non suban", precisamente, as achegas autonómicas para a capitalidade e o consorcio.

No que respecta ás achegas ao Consorcio, denunciou que o Goberno de Pedro Sánchez e Xosé Sánchez Bugallo convocaron o Real Padroado e prometeron 280 millóns" para a cidade, practicamente 30 ao ano durante unha década, pero "no primeiro orzamento achegan cero euros".

Prado realizou unha análise xeral das contas galegas para 2022. "Existen dúas formas de xestionar, a nosa, apostando polas familias e o gasto social, baixando os impostos e apostando polo investimento produtivo, e a do Goberno central, que sobe os impostos e incrementa a débeda pública", resolveu.

Catedral de Santiago de Compostela.. EUROPA PRESS - Arquivo
Catedral de Santiago de Compostela.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo1948

O que? E uma brincadeira? Os regedores de Santiago querem se converter no novo centralismo ao estilo de Madrid! Pois a descentralizar a Xunta como diz Castelao no Sempre em Galiza “O noso Estatuto permite que a autonomía sexa descentralizada, e non obriga a concentrar a dirección de tódolos servizos nunha mesma cibdade. Así, poderán aproveitarse os actuaes edificios e oficinas provinciaes, con grande economía nos gastos de primeiro establecimento e sen causar perxuízo a ningunha cibdade cabeza de provincia.” Ou trasladá-la a outro lugar, como por exemplo Lugo, Tui, Betanços ou Mondonhedo.