Traballos de mellora do firme afectarán o tráfico da AP-53 durante unha semana desde este venres

Haberá afeccións ao tráfico en Ribadulla (municipio coruñés de Vedra), así como en Silleda e Lalín.

Por E.P. | Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Os traballos de mellora do firme da AP-53, autoestrada que une Santiago co Alto de Dozón, afectarán entre este venres, 22 de outubro, e o 28 de outubro ao tráfico en varios puntos.

Segundo informa o Ministerio de Transportes nun comunicado, haberá afeccións ao tráfico en Ribadulla (municipio coruñés de Vedra), así como en Silleda e Lalín (Pontevedra). De tal forma, produciranse cortes ao tráfico nos ramais das ligazóns dos quilómetros 15, 28 (área de servizo), 33 e 46.

OUTRAS OBRAS

Noutra orde de cousas, o Ministerio informou este xoves de que aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado da nova ligazón de Ribela, no municipio de Coles (Ourense), na N-525

Este trámite permite continuar coa redacción do proxecto de construción desta obra orzada en 2,1 millóns de euros. Así, reordénanse os accesos na intersección da N-525 coa estrada local OU-0552.

Por outra banda, o Ministerio de Transportes licitou as obras de reordenación de accesos na estrada N-550 entre os os quilómetros 72 e 72,800, en Teo (A Coruña). Esta obra, cun orzamento de 241.593 euros, ten por obxecto incrementar a seguridade viaria rodada e peonil do tramo.

A AP53, a autoestrada que une Santiago con Ourense
A AP53, a autoestrada que une Santiago con Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta