A baixa resposta dos veciños obriga ao Concello de Santiago a modificar as condicións do bono de consumo local

Bugallo dá por descartado celebrar a Cabalgata de Reis.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago decidiu modificar as condicións do bono 'Corazón' para o fomento do consumo en comercios e establecementos de hostalaría locais para mellorar a resposta dos veciños que, durante as primeiras semanas da iniciativa, espertou menos participación da esperada polo goberno local.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO.

Así, segundo concretou o alcalde santiagués, Xosé Sánchez Bugallo, a partir da próxima semana rebaixarase o importe que deben gastar os veciños para gozar de 30 euros de desconto, contía que achega o concello e que non sofre variacións.

Deste xeito, os beneficiarios poderán gozar destes 30 euros a partir dun gasto de 20 euros, 25 menos que ata agora. Ademais, tamén se eleva o número de bonos por persoa, que pasará a ser de tres.

Para aumentar o número de establecementos adheridos á iniciativa, o goberno local eleva ata os 10.000 euros o teito de compras bonificadas ao amparo dos bonos 'Corazón'.

Todo iso para "facelo máis atractivo" e aumentar tanto o número de persoas como de negocios que participan na iniciativa, que o Concello recoñece que funciona "razoablemente" aínda que de forma "máis lenta" do esperado.

Segundo as cifras expostas por Bugallo, ata o momento descargáronse uns 3.000 bonos para gastar en 304 establecementos, a gran maioría, comercios. Así pois, incrementar o número de negocios de hostalaría adheridos --só hai 49-- é o obxectivo do goberno local cuns cambios que se farán efectivos a partir da próxima semana.

CABALGATA DE REIS

Por outra banda, na liña do expresado nos últimos días, Bugallo deu por descartada a celebración da Cabalgata de Reis, para a que non hai concurso público convocado.

"Paréceme dubidoso que podamos facela se estamos a estas alturas sen convocar concurso", manifestou o rexedor, que apunta ás "incertezas" sanitarias como principal escollo para celebrala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta