O sector agroalimentario galego contará este ano con 8,3 millóns para dixitalización do Plan de Recuperación

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, informou de que o Executivo central destinará 8,3 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a impulsar proxectos de innovación, dixitalización e sustentabilidade ambiental do sector agroalimentario de Galicia.

Visita do delegado do Goberno, José Miñones, a Traloagro, en Friol (Lugo)
Visita do delegado do Goberno, José Miñones, a Traloagro, en Friol (Lugo) | Fonte: Delegación do Goberno.

Este venres, José Miñones avanzou este investimento nas instalacións da cooperativa Traloagro, en Friol (Lugo), que visitou coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

"Non se me ocorre mellor emprazamento que este para anunciar o primeiro investimento do Plan de Recuperación para o sector agroalimentario de Galicia", afirmou o delegado.

Os fondos dedicaranse a financiar accións de mellora de bioseguridade en sanidade animal e vexetal, así como investimentos en xestión ambiental dos xurros da gandaría, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro.

O delegado lembra que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia mobilizará mais de 1.000 millóns de euros ata 2023 para a creación dun novo modelo produtivo no campo.

Ademais, subliña que o pago de anticipos das axudas directas da campaña de 2021 supón que gandeiros galegos xa poidan acceder a 39,9 millóns de euros. A isto únese a convocatoria, que segue aberta, de axudas para a mellora de eficiencia enerxética en explotacións, que contan con 1,7 millóns. "Hoxe, pomos 50 millóns de euros sobre a mesa do rural de Galicia", puxo en valor o delegado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta