A Costa da Morte terá un dos 12 polos de emprendemento rural

Estes polos buscarán fórmulas de microemprendemento autónomo e de economía social innovadoras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2021 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou que a Costa da Morte terá un dos 12 polos de emprendemento rural que a Xunta porá en marcha para impulsar o emprego local.

Así o anunciou no encontro celebrado polo Business Network International (BNI) ACO Dolmen Costa da Morte --un grupo formado por 109 persoas autónomas e empresarias da comarca-- nun acto en Vimianzo, que tamén contou co delegado do Goberno, José Miñones. Estes polos buscarán fórmulas de microemprendemento autónomo e de economía social innovadoras. Lorenzana expuxo que esta iniciativa forma parte dos orzamentos da Consellería de Emprego e Igualdade para 2022, que suman un total de 380 millóns de euros, un 9,2% máis.

Pola súa banda, o delegado do Goberno destacou que as 190.000 pequenas e medianas empresas galegas constitúen o centro do Plan de Recuperación do Executivo central. Igualmente, Miñones expuxo que xa están abertas dúas liñas para pemes dotadas con 70 millóns para a modernización do parque de maquinaria-ferramenta e a creación de agrupacións empresariais innovadoras.

O de Costa da Morte é o segundo grupo BNI en España en número de membros --creado en 2018--, que xeran 1.511 postos de traballo directos. Business Network International (BNI) entrou en funcionamento en 1985 e é unha das organizacións de referencias de negocios máis grande de España.

O delegado do Goberno, José Miñones, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, nun acto de BNI en Vimianzo. LUÍS POLO
O delegado do Goberno, José Miñones, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, nun acto de BNI en Vimianzo. LUÍS POLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta