O secretario das Somozas renuncia tras facerse pública a súa participación nunha sociedade

Abandonou o cargo a finais de setembro tras coñecerse a súa asociación cun empresario da localidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O que veu ocupando en posto de secretario do Concello das Somozas durante as últimas décadas presentou a súa renuncia ao cargo a finais de setembro, tras facerse público unhas xornadas antes, o día 10, a súa participación nunha sociedade cun empresario da localidade.

O seu posto xa é desempeñado, desde o 15 de outubro, polo que ata a data se ocupaba destas tarefas no veciño municipio de San Sandurniño, pertencente tamén á comarca de Ferrolterra, segundo unha resolución asinada polo alcalde, Juan Alonso Tembrás (PP), á que tivo acceso Europa Press e na que se incide de que se trata dun "nomeamento provisional".

O xa exsecretario das Somozas constituíu unha sociedade mercantil, denominada Xestións Urbanísticas Enar S.L., na que aparece como socio o propietario dunha empresa de construción desta mesma localidade e que é ademais un das principais adxudicatarias de contratos por parte desta Administración.

CREADA A FINAIS DE 2020

Segundo recollía o Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) do 12 de xaneiro de 2021, nos actos inscritos na provincia da Coruña, esta sociedade comezou as súas operacións uns días antes, o 29 de decembro de 2020, contando cun capital de 3.010 euros e aparecendo como administradores solidarios tanto o exfuncionario municipal como o empresario.

Fontes xurídicas consultadas por Europa Press detallaran que o secretario municipal das Somozas estaría a incorrer nunha incompatibilidade, ao estar afectado pola Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas e que foi publicado o 4 de xaneiro de 1985 no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Concello das Somozas (A Coruña).
Concello das Somozas (A Coruña). | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta