As pernoctacións hoteleiras e os viaxeiros duplícanse en setembro en Galicia

Aumentan os establecementos abertos e o persoal empregado respecto de hai un ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2021 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 932.661 pernoctacións hoteleiras en setembro, o que supón máis do dobre do mesmo mes de 2020 (418.692), segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademais, os viaxeiros tamén se duplican na comparativa interanual e alcanzan os 459.772, unha cifra de visitantes que en setembro de 2020 quedou en 211.556. De feito, as cifras de setembro de 2021 achéganse ás de prepandemia, aínda que quedan por baixo. No noveno mes de 2019, houbo 528.165 viaxeiros e 1.035.296 pernoctacións.

Galicia conta co 3,6% das pernoctacións do total de España. Supón a sétima comunidade con maior cota, que encabezan Baleares (20,6%), Andalucía (18,4%) e Canarias (15,9%). As pernoctacións nos hoteis españois superaron os 25,6 millóns, o que se traduce en triplicar (+212,1%) as realizadas no mesmo mes de 2020.

AUMENTAN OS ESTABLECEMENTOS E O PERSOAL

Pola súa banda, o grao de ocupación nos hoteis galegos sitúase no 45,9%, seis puntos por baixo da media de comunidades (52,2%). Lonxe do 60% que roza Baleares.

O índice de prezos hoteleiros rexistra un incremento do 16,4%; mentres que a tarifa media diaria, que se situou en 62,67 euros, creceu un 9,4% anual. Tamén subiron os ingresos por habitación dispoñible, neste caso un 113,7%, ata os 32,25 euros.

Pernoctaciones hoteleiras galegas. EPDATA
Pernoctaciones hoteleiras galegas. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta