BNG pide que Cámara galega aprobe unha declaración que reivindique o valor de vivir no rural

Pontón mostra o seu apoio á nai de Muros á que se lle cuestiona a custodia e reivindica o valor do rural galego fronte a "prexuízos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2021 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou á Xunta de Galicia que "actúe" despois de que transcendese o contido dunha sentenza xudicial emitida por unha xuíza de Marbella (Málaga) na que, segundo recolleu 'La Voz de Galicia', se aludira a unha "Galicia profunda" como argumento para cuestionar a custodia a unha nai de Muros sobre o seu bebé dun ano.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en rolda de prensa  este luns, na que pide á Xunta que 'actúe' ante a sentenza da xuíza de Marbella enche de 'prexuízos'. BNG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en rolda de prensa este luns, na que pide á Xunta que 'actúe' ante a sentenza da xuíza de Marbella enche de 'prexuízos'. BNG | Fonte: Europa Press

Os nacionalistas, que tamén impulsan unha declaración institucional na Cámara autonómica, quixeron, en primeiro lugar, "trasladar todo o apoio" a esta nai á que lle dixeron que a súa localidade "non é un lugar apropiado" para criar ao seu fillo, unha sentenza que ven chea "de prexuízos" e que rexeitan de plano.

moi duro que se poida cuestionar a unha muller a custodia do seu fillo e, moito máis, con argumentos que son única e exclusivamente prexuízos dunha maxistrada que considera que criarse nunha contorna rural limita e, ademais, é negativo", censurou. BNG impulsa no Parlamento de Galicia, como "primeira institución" autonómica, unha declaración institucional, porque "non pode quedar á marxe deste asunto".

A declaración institucional, que se expuxo aos demais grupos, pretende que a Cámara autonómica "reivindique o valor de vivir no rural e en calquera lugar de Galicia", con "a mesma dignidade e capacidade de desenvolverse como persoas e de ser felices, igual que en calquera outra parte do mundo, incluída en Marbella".

Pontón falou do seu caso persoal, criada en Chorente (Sarria-Lugo) e expuxo que se tivese que "escoller" entre a súa localidade e Marbella, ten "clara" a súa elección. "Fun unha nena moi feliz", afirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta