O porto de Vilagarcía, segundo do Estado onde máis crece o tráfico de mercadorías

Os cinco portos galegos xestionaron ata setembro deste ano 22.462.690 toneladas de mercadorías, un 4,98% máis que en 2020.

Por E.P. | Vilagarcía de Arousa | 25/10/2021 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O porto de Vilagarcía de Arousa sitúase como segundo de todos os portos de interese xeral do Estado onde máis creceu o tráfico de mercadorías con respecto ao mesmo mes de 2019, ano anterior á explosión da pandemia. En concreto, o vilagarcián xestionou 1.114.970 toneladas ata o peche de setembro de 2021, un 12% máis que en 2019 ata ese mesmo mes. Este crecemento tan só é superado polo porto de Málaga, cun 22%.

Porto de Vilagarcía de Arousa
Porto de Vilagarcía de Arousa | Fonte: Autoridade Portuaria.

De acordo cos datos que publicou este luns o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, oe cinco portos de interese xeral do Estado que hai en Galicia (A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Pontevedra, Vigo e Vilagarcía) xestionaron un total de 22.462.690 toneladas de mercadorías ata setembro, un 4,98% máis que en 2020.

De todos eles, o de Vilagarcía experimentou con respecto ao pasado ano o maior crecemento: un 28,47% máis. Tamén crece o porto de Vigo, con 3.468.388 toneladas xestionadas no primeiros nove meses de 2021 (+10,11%); e o da Coruña, con 2.680.110 toneladas de mercadorías (+8,38%).

No lado oposto sitúanse Ferrol-San Cibrao, que baixou un 2,13% con 7.648.419 toneladas xestionadas ata setembro; e Marín-Pontevedra, con 1.550.803 toneladas, un 0,23% menos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta