6.073 mulleres sufriron violencia de xénero en Galicia en 2020, un 1,27% máis que o ano anterior

Un 80,8% (4.912) teñen nacionalidade española e o 19,12% (1.161) son estranxeiras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/10/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Un total de 6.073 mulleres sufriron violencia de xénero en Galicia en 2020, un 1,27% máis que o ano anterior, segundo reflicten as estatísticas dos órganos xudiciais recollidas na memoria da Fiscalía Superior de Galicia.

Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero
Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero | Fonte: INSTITUCIÓNS PENAIS - Arquivo.

No seu informe anual, entregado ao Parlamento este luns polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, o Ministerio Fiscal recolle o balance de vítimas de violencia de xénero segundo figura nas denuncias presentadas en 2020, un ano no que se produciron tres asasinatos machistas.

Estas cifras apuntan un aumento do 1,27% respecto ao ano 2019, que se traduce en 76 mulleres máis que sufriron violencia machista. En total, as estatísticas oficiais sitúan en 6.073 as vítimas de violencia machista en Galicia, o 4,17% do total de Esapaña.

En canto á súa distribución por nacionalidade, un 80,8% (4.912) teñen nacionalidade española e o 19,12% (1.161) son estranxeiras. Con todo, as cifras oficiais apuntan que case o 2% da poboación feminina estranxeira en Galicia sofre violencia de xénero, unha porcentaxe que se rebaixa ao 0,37% entre as mulleres de nacionalidade española.

Así as cousas, Fiscalía resalta este último dato como mostra de que o número de casos de violencia de xénero entre a poboación estranxeira é 18,59 veces maior en termos relativos en comparativa coas mulleres de nacionalidade española. 

O ano da pandemia, que supuxo unha retardación nos procedementos xudiciais que afectou tamén o traballo de Fiscalía, concluíu cunha baixada de máis do 40% das sentenzas emitidas na área de violencia de xénero en comparación con 2019.

Deste xeito, o ano 2020 finalizou con 1.107 sentenzas (tanto condenatorias como absolutorias), case 900 menos que no ejercidio anterior. Destas, 805 foron condenatorias (42% menos), das cales, 254 foron sen conformidade e 451 por conformidade. Os 302 restantes, foron absolucións.

Outro dos aspectos que destacan do informe de Fiscalía no apartado de violencia de xénero é o aumento de case o 84% nas renuncias a continuar co proceso xudicial. Foron un total de 672, a maioría adoptadas por mulleres de nacionalidade española (case o 76%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Preocupa máis a nacionalidade das vítimas que a dos agresores.

1 Riolo

La constatación del fracaso de la ideología de género y las millonarias subvenciones a los chiringuitos del ramo.