As casas rurais galegas 'pinchan' na ponte de Todos os Santos fronte ao conxunto estatal

As reservas só chegan ao 57,8% en Galicia, mentres que no conxunto do Estado sobe ata o 76%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/10/2021 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A ocupación das casas rurais durante a ponte de Todos os Santos alcanza un 76% no conxunto estatal, porcentaxe que baixa ata o 57,8% en Galicia, entre o 29 de outubro e o 1 de novembro, segundo Tuscasasrurales.com, a falta de contabilizar as reservas de última hora que poden incrementar a ocupación nunha das pontes chave para o turismo rural.

A poucos días para que chegue estas datas vacacionais, a ocupación media dos aloxamentos rurais é 30 puntos superior á rexistrada en 2020. Segundo a plataforma de casas rurais, este gran aumento vén motivado principalmente debido a que o ano pasado moitas comunidades autónomas tiñan prohibidos os desprazamentos, o que provocou que as reservas descendesen.

"Este ano 2021, ao mellorar a situación do Covid-19, permitiu á maioría das provincias recuperar e mesmo superar a ocupación que tiñan na ponte de Todos os Santos nos anos anteriores á Covid-19", engadiu. Durante a ponte de Todos os Santos, a Comunidade Foral de Navarra é a que lidera a ocupación de toda España, cun 94,42%, seguida doutras comunidades como Cataluña, cun 88,8%, Castela e León (87,49%), Estremadura (87,06%) e A Rioxa (85,8%).

As casas rurais alcanzan un 76% de ocupación durante a ponte de Todos os Santos. TUSCASASRURALES.COM
As casas rurais alcanzan un 76% de ocupación durante a ponte de Todos os Santos. TUSCASASRURALES.COM | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta