A gala aRi[t]mar volve á carga cunha selección da mellor música e poesía galego-portuguesa

Guadi Galego, premiada coa mellor canción en lingua galega, actuará celebrada no Auditorio de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A gala aRi[t]mar volve á carga coa súa sexta edición nunha xornada cargada de caras coñecidas na cultura galega. A cita contará coa presenza de, Guadi Galego, gañadora do premio á mellor canción en galego 2020. Entre as premiadas tamén están Rosalía Fernández Rial (mellor poema en portugués), Cláudia Pascoal (mellor canción en portugués), Márcia (mellor poema en portugués) e Jose Viale Moutinho (Premio do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona). 

Guadi Galego
Guadi Galego

O prato forte da gala terá lugar o vindeiro mércores 27, ás 20.30h no Auditorio de Galicia. Conducida por Lupe Blanco e Vicente Mohedano, terá unha duración de 90' e contará con espectáculos musicais e performances en directo, ademais da proxección de videocreacións. aRi[t]mar Galiza e Portugal é o principal premio da poesía e a música galego-portuguesas, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co apoio da Xunta de Galicia e o Xacobeo, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a rede da Galilusofonía. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta