Este xoves arrinca o pago dos anticipos das axudas directas da PAC

Chegarán a 15.000 agricultores e gandeiros galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Este xoves iníciase o proceso de repartición dos anticipios aos beneficiarios das axudas directas da Política Agraria Común correspondente á campaña 2021-22. Trátase de case 37 millóns de euros que chegarán a 15.000 agricultores e gandeiros galegos a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Xunta.

Os anticipos corresponden ás liñas de vacas nurtices e vacún de leite. A elas sumarase en decembro un novo pago de máis de 106 millóns de euros e o anticipo de desenvolvemento rural a zonas con limitacións naturais, que alcanza os 17,2 millóns de euros.

En total, 25.000 agricultores e gandeiros galegos veranse beneficiados destes anticipos asumidos pola Administración autonómica, que efectúa o pago do 70% da axuda total unha vez realizada a comprobación administrativa e os controis sobre o terreo.

Por provincias, Lugo é a que máis recibe con case 18,5 millóns de euros de anticipo, seguida da Coruña --13 millóns de euros--; Pontevedra --3,7 millóns-- e Ourense --1,5--. Por concellos, o pontevedrés de Lalín é o que maior número de beneficiarios e importes consegue, seguido do lugués da Pastoriza e do coruñés de Mazaricos.

Arquivo - Roberto estende estiércol na leira onde pastan as súas vacas do barrio da Tolda, en Lugo, Galicia (España), a 24 de marzo de 2021. O sector primario foi fundamental durante a pandemia. Agricultores e gandeiros deron o mellor de si m. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Roberto estende estiércol na leira onde pastan as súas vacas do barrio da Tolda, en Lugo, Galicia (España), a 24 de marzo de 2021. O sector primario foi fundamental durante a pandemia. Agricultores e gandeiros deron o mellor de si m. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta