Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 21:30
Estudantes de cinema e de carreiras audiovisuais de España, Portugal, Italia, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Perú, Porto Rico, Uruguai e Estados Unidos poderán presentar os seus cortos na IX edición do Festival Académico de Cinema Universitario Internacional FACIUNI antes do 30 de decembro.
O concurso, destinado a estudantes actuais ou a aqueles que terminasen os seus estudos durante o último ano, busca “xerar oportunidades de formación e desenvolvemento entre os novos talentos que hoxe representan á nova xeración de cineastas”, sinala Paula Bukowinski, responsable do programa.
A selección das curtas gañadoras será froito dun xurado especializado e da votación do público. Nunha primeira fase elixirase un gañador por país; o cal, recibirá unha bolsa monetaria de 5.000 euros como incentivo para a súa carreira e, á súa vez, a universidade na que cursase os seus estudos tamén recibirá un premio de 5.000 euros.
Nunha segunda fase, os estudantes seleccionados participarán polo premio maior: unha bolsa completa para o programa de verán da Escola de Artes Cinematográficas da Universidade do Sur de California (USC - University of Southern California School of Cinematic Arts).
A participación neste certame ofrece, ademais, a oportunidade de ampliar a rede de contactos no ámbito cinematográfico e acceder a "importantes referentes da industria como os axentes de Creative Artists Agency ( CAA)", unha axencia de talento de escala mundial que representa a directores como Alejandro G. Iñárritu, Kathryn Bigelow e Patty Jenkins, entre outras figuras.
O programa de bolsas de FACIUNI é unha iniciativa desenvolvida por DIRECTV Latin America, SKY Brasil, AT& T, WarnerMedia, HBO Max, CAA ( Creative Artists Agency), TVCortos, Sundance Co// ab parte de Sundance Institute e USC School of Cinematic Arts. Desde a súa primeira edición en 2013, o programa de bolsas contou coa participación de máis de 3.000 alumnos, 23 gañadores internacionais, 68 gañadores nacionais e máis de USD 1,070.000 destinados a bolsas para estudantes de cinema.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.