A subdelegada do Goberno na Coruña anima ás salas de cinema a concorrer ás axudas estatais

O Ministerio de Cultura destina 10.200.000 euros a estas axudas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/10/2021 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, animou aos propietarios das salas de cinema a concorrer a unha nova convocatoria de subvencións realizada polo Ministerio de Cultura e Deporte. Trátase de axudas directas para potenciar a industria cinematográfica ás que poden optar os titulares das salas de exhibición.

Son en total 10.200.000 euros os que destina o Ministerio de Cultura "para protexer a estabilidade e viabilidade das salas de cinema polo seu fundamental carácter de vehículo de acceso á cultura, así como o seu impacto social e económico".

Trátase dunhas axudas que teñen carácter excepcional pola situación provocada polo COVID-19 "xa que as restricións aplicadas para controlar a pandemia afectaron moi directamente ao sector da exhibición cinematográfica", engade a subdelegada do Goberno.

Sala de cinema. JCCM
Sala de cinema. JCCM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta