Unha sentencia podería frear os parques eólicos de Noruega en Galicia

A empresa pública Statkraft ten varios proxectos eólicos en marcha en Galicia. Agora, unha sentencia da súa Corte Suprema abre a porta a deixalos sen efecto por vulnerar dereitos humanos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Varios meses despois das primeiras denuncias pola "avalancha eólica" que asolaga Galicia, comezan a xurdir as primeiras reaccións das autoridades para poñer coto ao proceso. No caso galego, a Xunta anunciou a pasada semana unha moratoria de ano e medio aos novos parques eólicos, se ben esta vén cargada dunha letra pequena que, na práctica, deixará en mans do executivo autonómico que proxectos aprobar ou non. 

Eólico, parque eólico, enerxía eólica, aeroxenerador, vento - Pexels: Elena Zhuravleva
Eólico, parque eólico, enerxía eólica, aeroxenerador, vento - Pexels: Elena Zhuravleva

O outro golpe ao impulso eólico da comunidade vén de moitos quilómetros ao norte: Noruega. O país dos fiordos fixo as súas particulares incursións na eólica galega con varios proxectos de maior ou menor tamaño tramitados a través da empresa pública Statkraft. Estes xa recibiron multitude de críticas por parte do movemento ecoloxista e veciñal de Galicia: "nos fiordos non poñen muíños", resumiu unha fonte meses atrás ao Galicia Confidencial. 

Agora, unha sentencia da Corte Suprema de Noruega podería deixar no aire os proxectos de Statkraft. O fallo, coñecido días atrás, ditaminou que a instalación duns parques eólicos nunha zona rural do país vulneraba os dereitos da poboación local en tanto que lles impedía seguir desenvolvendo o seu modo de vida orixinal, vencellado ao pastoreo de renos. 

Precisamente, esa é unha das denuncias máis recorrentes da banda das plataformas que, dende hai meses, se mobilizan contra a instalación de eólicos en Galicia: que os novos parques aeroxeradores dificultan ou impiden o modelo de vida agrario desenvolto en moitas das paraxes ameazadas polos eólicos. Queda por ver se a Corte Suprema de Noruega aplicará o mesmo baremos aos habitantes do seu país e os foráneos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta