Xunta e Valedora do Pobo renovan un acordo para divulgar medidas para "manter os fogares"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a Valedora do Pobo manteñen un ano máis a súa colaboración para "divulgar e informar" as medidas do Goberno galego que permitan ás familias "manter os seus fogares". O acordo renovouse este mércores mediante a firma do convenio entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, e a valedora, María Dolores Fernández Galiño.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, asinan un convenio de colaboración en materia de vivenda
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, asinan un convenio de colaboración en materia de vivenda | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

O convenio ten como obxectivo "intercambiar información de forma áxil e fluída" sobre as persoas afectadas en Galicia por procedementos de execucións hipotecarias e desafiuzamentos por falta de pagamento.

Nesta liña, a conselleira destacou que o orzamento en materia de vivenda para 2022 busca "facilitar a emancipación dos mozos; facer máis social o parque de vivenda para apoiar ás persoas que teñen maiores dificultades; e seguir apoiando as actuacións en materia de rehabilitación".

Así, Vázquez explicou as dúas medidas novas que impulsará o seu departamento, como a concesión de avais, por parte da Xunta, a menores de 35 anos para a compra da primeira vivenda en propiedade, unha nova liña de actuación que se convocará cun orzamento inicial de cinco millóns de euros, para conceder avais dun 15% do crédito.

A outra medida, en colaboración con Política Social, diríxese a aquelas persoas en situación de exclusión que reciben atención de entidades de servizos sociais, aos que se lles sufragará os gastos de aluguer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta