A Consellería de Educación defende que os seus centros carecen da figura de traballadores sociais

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, defendeu que os centros da rede educativa pública carecen da figura de traballadores sociais porque non vén recollida na relación de postos de traballo, como si teñen os adxuntos á Consellería de Política Social.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez | Fonte: Xunta de Galicia.

Díxoo en resposta á pregunta feita pola deputada do PSdeG Leticia Gallego durante o pleno do Parlamento galego deste mércores, onde cuestionou pola falta de cobertura da praza de traballadora social do Centro de Ensino Especial Saladino Cortizo de Vigo tras a xubilación da titular.

Rodríguez esgrimiu que ese posto foi subrogado cando en 1994 o centro, ata entón dependente dunha caixa de aforros, integrouse na rede pública. Segundo o conselleiro, a praza de traballadora social mantívose ata a xubilación da titular o pasado verán e non se dará cobertura á vacante porque non existe ese posto nos centros da rede pública.

E é que asegurou que as tarefas que desempeña unha traballadora social, figura que, di, si existe nos centros de Política Social, asúmea o equipo de orientación dos centros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta