Pontón liderará o BNG tras comprobar que detrás ela hai "unha gran maioría" de militantes

Anunciou a súa decisión tras un período de reflexión de case dous meses nun acto marcado pola ausencia de dirixentes ou militancia. "Seguir coma se nada, non era unha opción", dixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que se volverá a presentar para encabezar a candidatura interna e liderar a formación nacionalista, co "reto" de gañar a Xunta en 2024, porque "por primeira vez", proclamou, a formación nacionalista está en "condicións de disputar a hexemonía ao PP". "Sería un erro maiúsculo e un lastre para o reto que temos por diante non facer un alto no camiño", exclamou, antes de afirmar: "Seguir coma se nada, non era unha opción".

Pontón escolleu un hotel compostelán para comunicar a súa decisión que anunciou como unha reflexión persoal. De feito, o acto estivo marcado pola ausencia de dirixentes ou militancia. "Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, desputando a hexemonía ao PP", proclamou na súa intervención.

Os últimos días deste período de reflexión interna, que arrincou hai aproximadamente dous meses, dedicounos a abordar a configuración dunha candidatura, que será apoiada polo Consello Nacional --máximo de órgano de decisión entre asembleas-- este sábado, unha semana antes do plenario da XVII Asemblea Nacional na que Pontón busca saír cun liderado reforzado, o cal obtivo en xullo de 2020 nas urnas o referendo como segunda forza política, con 19 deputados na Cámara galega.

Sobre esta candidatura non quixo avanzar nomes concretos, máis aló de que apuntou que a idea é conformar un equipo para afrontar o goberno en San Caetano, tras "liderar" a oposición. Non en balde, os documentos políticos para a asemblea recollen por primeira vez de forma explícita esa vontade de liderar San Caetano.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anuncia a súa decisión á fronte da formación ante a XVII Asemblea Nacional do 7 de novembro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anuncia a súa decisión á fronte da formación ante a XVII Asemblea Nacional do 7 de novembro | Fonte: Europa Press

"DISPUTARLLE A HEXEMONÍA  AO PP"

"Dou por finalizado (o proceso de reflexión) trasladando a miña decisión de encabezar a candidatura que o Consello Nacional presentará ante a militancia. Fágoo con toda a convicción e ilusión de comprobar que hai unha ampla maioría que comparte este obxectivo e o reto de traballar para disputarlle a hexemonía ao PP", comunicou, a súa decisión, Pontón.

A líder nacionalista lembrou que a súa candidatura pasa polo referendo da asemblea nacional. "Se así o decide a militancia, seguirei sendo a portavoz nacional co obxectivo de sumar a ese gran reto colectivo", emprazou, no seu discurso, na que concluíu: "Son das que penso que a política non vai só de ter razón, senón en construír un proxecto gañador, e iso só é posible se a cidadanía che dá a razón. E iso é o que colectivamente queremos lograr no BNG: construír un proxecto gañador e liderar o Goberno de Galicia".

Pontón apuntou a nova situación que se abre tras pasar da "resistencia, á reorganización" e, agora, o período de "despegamento". "Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, disputando a hexemonía ao PP", defendeu na súa intervención, na que advertiu de que o obxectivo "vas moito máis alá de conseguir un puñado máis de escanos".

"O RETO"

"O reto é liderar Galicia, porque hoxe lideramos a oposición, pero en 2024 queremos liderar o Goberno do país e construír, entre todos, esoutra Galicia posible", apuntou. A líder nacionalista recoñeceu que "non é habitual que alguén se cuestione a súa idoneidade para seguir á fronte dunha organización tras obter o mellor resultado electoral". Desvinculouno absolutamente da súa vida persoal privada, ao ser preguntada por iso, algo que non vería cuestionado, cre, se non fose unha muller, e asegurou que ela non ve como un "sacrificio" persoal o reto que ten por diante.

Pontón, que volveu incidir que a súa maneira de entender a vida pasa por "non dar nada por sentado e fuxir de camiños trillados", sinalou que, ao longo destes meses, "foron moitas as persoas" coas que falou, entre compañeiros con responsabilidade orgánica e política, militantes de base, persoas a pé de rúa nos concellos, e tamén con persoas que non militan no BNG, desde o tecido asociativo, veciñal, sindical, de empresa, do mundo da cultura, activistas, do ámbito feminista e xuvenil.

CANDIDATURA

Os últimos días deste período de reflexión interna, que arrincou hai aproximadamente dous meses, dedicounos a abordar a configuración dunha candidatura, que será apoiada polo Consello Nacional --máximo de órgano de decisión entre asembleas-- este sábado. Será unha semana antes do plenario da XVII Asemblea Nacional na que Pontón busca saír cun liderado reforzado, o cal obtivo en xullo de 2020 nas urnas o referendo como segunda forza política, con 19 deputados na Cámara galega.

Sobre esta candidatura non quixo avanzar nomes concretos, máis aló de que apuntou que a idea é conformar un equipo para afrontar o goberno en San Caetano, tras "liderar" a oposición. Non en balde, os documentos políticos para a asemblea recollen por primeira vez de forma explícita esa vontade de liderar San Caetano.

OS RETOS QUE EXPÓN

Pontón fixou os retos "importantes" que ten a formación por diante: "seguir fortalecendo a organización e ensanchar a base social; seguir avanzando nas eleccións municipais; aumentar a representación nas Cortes do Estado; e "sentar as bases sólidas traballando ao longo do tres anos para o gran reto: presidir o Goberno de Galicia en 2024".

"Unha nova etapa na que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social. É o obxectivo e a aspiración nesta nova etapa: converter ao BNG nunha forza maioritaria disputándolle a hexemonía ao PP", apuntou, por iso, dixo, a obrigación dunha forza política "seria e dos seus dirixentes é ler ben o momento actual e acertar para seguir gañando a confianza de máis galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

No fondo seguimos sen saber cara onde se decantará o Consello Nacional ~ Asemblea Nacioal do BNG / Pero estaría ben facer algo de memoria (hai 9 anos o pope fixo unha pregunta fundamental) http://www.galiciaconfidencial.com/... Haberá que decantarse entre dous polos -dicía- dun lado o nacionalismo antiimperialista e de outra banda o galeguismo europeísta Ana Pontón en cal das dúas posicións vai liderar o BNG-UPG do 2024 ?

1 Gamela

E buscando unha resposta acudín ao Talmud do Nacionalismo pero oh sorpresa Paco leva case un ano sen abrir a boca... unha de dúas: ou se atopa mal ou reservase para falar no Cónclave (a porta pechada) ? http://www.terraetempo.gal/artigos_...

1 Gamela

Semella que estamos no tempo do Instagram Político ? Ímoslle adicar una cantiga de Martín Códax a ver se se cumpren os seus degoiros... Ai deus, se virá cedo... https://tv.uvigo.es/video/5b5b37d08...