Renfe investirá 29,2 millóns en Galicia, deles só 3,4 en seguridade

A maior parte será para maerial, reparacións e actuacións no material rodante.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Renfe investirá en Galicia 29,20 millóns de euros durante o ano 2022, segundo o presidente da operadora, Isaías Táboas, que este mércores compareceu ante a Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso dos Deputados. Durante a súa comparecencia, segundo destaca a operadora, Táboas informou os investimentos previstos por Renfe no próximo exercicio que ascenden a 918 millóns de euros.

Tren
Tren | Fonte: RENFE - Arquivo

No bloque relacionado coa renovación e mellora do parque de vehículos, está incluída "gran parte do investimento previsto en Galicia para o próximo exercicio, onde se inclúen", segundo sinala a propia Renfe: plan de compra do material (11,45 millóns de euros), grandes reparacións de material rodante (5,86 millóns) e actuacións no material rodante (4,49 millóns).

Por outra banda, chama a atención sobre as partidas dedicadas á seguridade da circulación (3,47 millóns), sistemas de información e outros investimentos (2,35 millóns), actuacións en estacións (698.000 euros), control de accesos intelixentes (539.000 euros), plan de accesibilidade material rodante (245.000 euros) e actuacións en talleres (74.000 euros).

INCREMENTO DE VIAXEIROS 2022

Isaías Táboas anunciou tamén que Renfe vai aumentar os seus ingresos en 1.050 millóns de euros en 2022. O aumento da cifra de negocio da operadora ten a súa orixe, asegura, en "un importantísimo incremento de viaxeiros e nun aumento sostido das toneladas transportadas".

Durante a súa comparecencia ante a Comisión do Congreso, Táboas explicou que Renfe pasará de transportar 345 millóns de viaxeiros en 2021 a 463 millóns en 2022, unha cifra que supón un aumento de viaxeiros de 118 millóns (un 34% máis).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Reducir frecuencias e eliminando trens así aforra calquera ! Mentras a UE está promocionando o tren como vehículo non contaminante o Goberno fai xusto o contrario ! Elimina tres e deixa estacións sen servizos obrigando aos usuarios a coller o bus ou o coche particular... En canto á seguridade a Curva da Grandeira segue estando no mesmo lugar, a ver se volvemos ter outro Angrois logo de 8 anos sen realizar unha Investigación Independente ! RENFE está no mundo dos negocios comercias tipo Vialia Vigo pero o transporte farémolo andando... https://vimeo.com/gamela00 Saúde e Repúblicas (BNG)