O PSdeG pide á Xunta un plan especial "que reduza tempos de espera" nos hospitais

Tamén solicitan cubrir as prazas vacantes no centro de saúde de Tomiñoe unha ambulancia medicalizada no Baixo Miño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario socialista sinalou a "necesidade" dun plan especial de actividade hospitalaria "para reducir os tempos de espera e optimizar recursos" no sistema de saúde público galego.

Na Comisión de Sanidade do Parlamento galego que tivo lugar este xoves, os socialistas indicaron que se debe "preparar" o sistema para o que poida vir, como a pandemia de covid-19. É por este motivo que consideran "un erro enorme" baixar as contías destinadas a atención primaria nos orzamentos de 2022. "Se non protexemos a atención primaria, dificultamos a atención hospitalaria", advertiu Julio Torrado, que lamentou que a Xunta decidise non renovar ao 20% dos profesionais --430-- contratados para loitar contra a pandemia.

A este respecto, o xerente do Sergas, José Flores, encargado de comparecer na Comisión por parte do Executivo, recoñeceu que a pandemia alterou "por completo" o sistema sanitario, pero puxo en valor o plan de recuperación asistencial 2021, que inclúe "medidas ordinarias e extraordinarias" para favorecer a recuperación asistencial nos centros de saúde. Un plan que Torrado asegurou que "xa estaba doutros anos".

CENTRO DE SAÚDE DE TOMIÑO

Por outra banda, o grupo parlamentario socialista trasladou ao xerente do Sergas outra pregunta sobre as prazas vacantes do centro de saúde de Tomiño, que presenta un problema de persoal "grave". Tamén solicitaron unha ambulancia medicalizada para a zona do Baixo Miño. Sobre este tema, Flores defendeu que se cubriron sete das oito prazas do centro de saúde e, respecto da ambulancia, dadas as análises realizadas polo 061 dos usos e necesidades, "non ten sentido ter un recurso tan avanzo nun lugar no que a casuística non o permite".

Pacientes agardando a ser atendidos, nos corredores de Urxencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Pacientes agardando a ser atendidos, nos corredores de Urxencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta