Galicia ten vacinada contra a Covid ao 93,4% da poboación maior de 12 anos

Segue a administración de vacinas, con 11.490 máis nas últimas horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 en Galicia segue coa administración doutras 11.490 doses e con 525 persoas máis que finalizaron o proceso.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do xoves, recollidos por Europa Press, administráronse ata a data 4.464.194 dose, que supoñen 11.491 máis que o día pasado, o 98,97 por cento das 4.510.249 recibidas en Galicia ata o momento.

Das doses administradas 525 foron para completar pauta, polo que ascenden a 2.292.633 os cidadáns co proceso finalizado no conxunto de Galicia, o 84,91 por cento do total de habitantes e o 93,4% da poboación diana --maiores de 12 anos--.

O proceso de vacinación contra este coronavirus continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, despois de pechar os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos, así como coa posibilidade de acudir sen cita previa. E desde este pasado luns, os maiores de 80 anos reciben a dose de reforzo contra a Covid en centros sanitarios de cabeceira, en paralelo coa campaña antigripal.

Unha sanitaria administra a primeira dose da vacina AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). César Arxina - Europa Press
Unha sanitaria administra a primeira dose da vacina AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta