Activada a alerta laranxa por temporal na costa da Coruña e Pontevedra a partir da noite deste venres

Recomendan extremar as medidas de seguridade e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou unha alerta laranxa por temporal que afectará a partir das 20,00 horas ao oeste e soroete do litoral da provincia da Coruña e á costa de Pontevedra. Nun comunicado, o departamento autonómico sinala, ademais, que segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espéranse ventos do sur de forza sete a oito nas zonas afectadas.

Por este motivo e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención as Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña)
Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta